Quinta-feira, 7 de Março de 2013

ALIMENTACIÓN CONSENSO


ALIMENTACIÓN CONSENSO nace da conexión entre Xosé Luis Carreira de Arqueixal e Lucas Requejo da Iniciativa Prato_Do. Unindo forzas e coa axuda de xente achegada están a poñer en marcha este evento, unha reunión que nace coa pretensión de servir de altavoz á xente que acumula un alto coñecemento sobre alimentación, e cómo ésta incide de xeito directo sobre un mesmo e sobre o noso entorno.

A xornada comezará ás 17:00 h co coloquio sobre alimentación, moderado por Clara Raposo, Socia fundadora de A Cova da Terra. Nel Clara plantexaralles ós protagonistas, Teresa de Betote, Oliverio de Castro de Rei e Xusto de Seixas varios bloques relacionados coa alimentación, resaltando as características máis importantes do seu modo de alimentarse, cómo chegaron a asumir a responsabilidade de preocuparse pola súa alimentación, qué beneficios obteñen gracias a esta implicación e con qué dificultades se atoparon ó intentar levala a cabo.

Ás 19:00 h pasarase da escoita á acción e poderemos aprender de xeito práctico algúns consellos que nos teñen para dar os nosos protagonistas.
Teresa de Betote acumula unha gran experiencia na aplicación de todo tipo de remedios caseiros para os nosos males superficiais, así que por qué non abrir un consultorio onde lle podamos preguntar directamente sobre a solución a estes males.
 Oliverio de Castro de Rei leva anos adicados a mellorar a práctica da respiración profunda e sabe da súa importancia para mellorar o noso día a día. Intentará acercarnos de xeito práctico a algo tan complexo como necesario e así poder poñer en práctica nas nosas vidas e comprobar a súa influencia.
Xusto de Seixas ós seus 82 anos e facendo unha hora diaria de exercicios de flexibilidade, posúe a claridade suficiente para transmitirnos qué exercicios son os adecuados para eliminar as dores de espalda das nosas vidas e así correxir a nosa postura corporal.

Ás 20:00 h será momento para que Lucas Requejo presente a “Iniciativa Prato_do”. Nesta presentación fará unha breve explicación do concepto Tapería Responsable Itinerante e cómo acadan as tapas saudables para un prato totalmente equilibrado nutricionalmente. Entendido esto, podremos disfrutar do “menú armonía d´a Ulloa”.

 O “menú armonía d´a Ulloa” consta de tres partes ben diferenciadas dentro dun mesmo prato, pero en conxunto son o equilibrio nutricional perseguido por Prato_do.

Menú armonía d´a Ulloa = A Horta + o Amanteigado + a Callada.

# A Horta é a representación do consenso entre os protagonistas do día e Prato_do.
# O Amanteigado contén como componente principal o queixo amanteigado de Arqueixal acompañado de máis produtos para acadar o equilibrio.
# A Callada representa o xeito habitual de tomar o leite callado ou iogur  na Galicia rural.

O propósito desta paparota non é outro que aprender probando, pero sobre todo divertíndose, así que a amenización correrá a cargo de “Hortensio Home Orquestra” de Viveiro. Hortensio Gómez é un gran afeccionado á música e á vida no rural, e devece polo espectáculo de home-orquestra, polo ritmo e porque lle permite tocar con varias partes do corpo, pero por enriba de todo está o seu afán por divertir e entreter á xente.

Quarta-feira, 27 de Fevereiro de 2013

PARLADOIRO


¿ qué é ALIMENTACIÓN CONSENSO?

Unha reunión que nace coa pretensión de servir de altavoz á xente que acumula un alto coñecemento sobre alimentación, e cómo ésta incide de xeito directo sobre un mesmo e sobre o noso entorno.

Teresa de Betote, Oliverio de Castro de Rei e Xusto de Seixas mostraránnos todo o seu saber de anos adicados á súa alimentación e en consecuencia á súa saúde. Tamén teremos a oportunidade de aprender deles dun xeito máis práctico, algúns consellos para acadar unha vida máis saudable.

A continuación será presentada a "iniciativa Prato_do" co seu concepto "tapería responsable itinerante". Prato_do será o encargado da elaboración dun prato equilibrado nutricionalmente. Este prato será elaborado cos produtos da zona e da tempada e previamente consensuado cos protagonistas do día.

Como todo bo festín debe ser amenizado por algún tipo de entretemento e quén mellor que "Hortensio Home Orquestra de Viveiro" para facer esta labor.

Será un día onde podamos aprender algo máis sobre alimentación e ter a oportunidade de disfrutar do aprendido cun bo festín.
   

Inscripción mediante transferencia bancaria a conta 3070/0010/50/6027111126

Precio 15 €

Por favor, indicar NOME E APELIDOS e, no concepto, o texto XORNADA DIA 16

Para calquer duda chamar ao número 982 38 02 51

Terça-feira, 25 de Setembro de 2012

José Manuel del Barrio. Xornal "La opinión de Zamora"

JOSÉ MANUEL DEL BARRIO | SOCIÓLOGO La semana pasada estuve en tierras gallegas, en la localidad lucense de Santiago de Albá, disfrutando y aprendiendo con una de las actividades que más me ha impresionado en los últimos años. Se llamaba «Son d´aldea», que puede traducirse como «Sonidos de aldea» o «Soy de aldea»....
Pincha no enlace
http://www.laopiniondezamora.es/opinion/2012/09/16/pueblo/627527.html

TVG Labranza 23 setembro 2012 MONOGRÁFICO SON D´ALDEA

Pincha no enlace
http://www.crtvg.es/tvg/programas/labranza

Sexta-feira, 21 de Setembro de 2012

Son d'Aldea 2012 / Xesús Ponte

Representación teatral na segunda xornada teatral da festa Son d´Aldea, que se celebra en Albá, parroquia de Palas de Rei